A revista “Vertebrate Paleontology” deu a coñecer onte o achado en África a cargo dun estudante inglés dos restos fósiles máis completos dun dinosauro carnívoro que medía ao redor de catorce metros de longo e tiña dentes do tamaño dunha banana.
O dinosauro, cuxa cabeza medía case dous metros, foi identificado como “Carcharodontosaurus iguidensis” e foi clasificado como nova especie, segundo o informe. Os fósiles foron descubertos en 1997 en Níxer por Steve Brusatte, un estudante da Universidade de Bristol, quen participaba nunha expedición dirixida polo paleontólogo Paul Sereno, científico da Universidade de Chicago e autor do informe.
Os restos do dinosauro inclúen varias pezas do cranio, partes do fuciño, a mandíbula inferior e o pescozo. O informe sinala que o descubrimento demostra que os terópodos, dinosauros bípedos e carnívoros, poboaban África fai 95 millóns de anos. En realidade os primeiros restos dun Carcharodontosaurus foron descubertos no decenio de 1920, pero só foron dous dentes que desapareceron. Unha década despois foron atopados outros restos do animal en Exipto, pero estes foron destruídos cando os avións aliados bombardearon Munich (Alemaña) durante o II Guerra Mundial.