Había unha vez unha escola nunha aldeíña dunspoucos centenares de habitantes chamado Blackawton, no condado de Devon,Inglaterra. Había unha vez un grupo de estudantes de entre 8 e 10 anos que se empezarona facer preguntas sobre as abellas que observaban nos arredoresdo colexio. Había unha vez un artigo científico publicado por nenos de entre8 e 10 anos na revista Biology Letters, da Royal Society. Non é un conto. O relato dun descubrimento científico realizado por alumnos de Primaria serve de base para preguntarse neste texto por que nas escolas non se ensina ciencia facendo ciencia.
Que a xogar ao fútbol apréndese xogandoa fútbol é algo tan obvio que ata ruboriza lembralo. Con todo, noque respecta á ciencia e outros campos do coñecemento, a cousa non parecetan clara. Na escola transmítensenos moitos coñecementos científicos emesmo, en ocasións, chegamos a deseñar e realizar experimentos, a manipularaparellos e obxectos para responder unha pregunta. Na maioría dos casos, apregunta non é nova, co cal a actividade non responde o mecanismo dacuriosidade que alimenta a verdadeira ciencia. Ademais, a contestación coñécese de antemán, feito que bloquea a emoción asociada a todoproceso de descubrimento. Así as cousas, na maioría dos centros educativos os alumnoslevan a cabo, como moito, simulacros do que é a verdadeira actividadecientífica. Só en contadas ocasións fanse estudos científicos enos cales se busca resposta a unha pregunta nova.
Alumnos de entre 8 e 10 anos formularon unhapregunta, deseñaron un experimento para respondela, realizaron asobservacións correspondentes e chegaron ás súas propias conclusións
Ese foi o caso dun grupo de 25 alumnosde entre 8 e 10 anos da escola de Blackawton, en Inglaterra. Estes estudantes formularon unhapregunta, deseñaron un experimento para respondela, realizaron asobservacións correspondentes e chegaron ás súas propias conclusións.Asesorados polo neurocientífico Beau Lotto e por David Strudwick, un dosprofesores da mesma escola, desenvolveron un proxecto deinvestigación científica que respondía con datos e observacións unha interroganteque nunca ninguén formulara antes. Por tanto, este grupo contribuíua ampliar o coñecemento científico con nova información. Ademais, durante o proceso descubriron algúns aspectos sobre o carácter e o funcionamento dea ciencia que descoñecían.
Unha vez levado a cabo o experimento enBlackawton e resolta a pregunta, chegou o momento de escribir o artigocientífico. “Había unha vez…” foi a fórmula que utilizaron os alumnos paraabrir o artigo no que explicaban os resultados do seu estudosobre a influencia dos patróns de cor no proceso durante o cal asabellas escollen unha flor para alimentarse. Ademais da xa mencionada “Había unhavez…”, nel aparecen frases e expresións como “Despois puxemos o recipientecoas abellas na neveira da escola (e fixemos pastel de abella :-)”, “Fase de adestramento 2 (o quebracabezas? ta ta taaaaaa)”. Adiscusión dos resultados ábrese coa frase “Este experimento éimportante porque, polo que sabemos, ninguén na historia (incluídos osadultos) realizou este experimento antes”. E o artigo conclúe así: “Aciencia é divertida porque fas cousas que ninguén fixo antes”.
“Este experimento é importante porque, polo que sabemos, ninguén na historia (incluídos os adultos) realizou este experimento antes. A ciencia é divertida porque fas cousas que ninguén fixo antes”, comentaban nas súas conclusións
Aínda que o deseño e a realización dosexperimentos fixéronse en catro meses, a publicación dosresultados levou catro anos. O artigo, titulado ‘Blackawton bees’ e redactado polos nenos e ilustrado tamén poreles con debuxos pintados con lapis de cores, enviouse ás revistasNature, Science, Current Biology e PLOS ONE. Con boas palabras, estasrevistas rexeitaron a súa publicación aducindo que o artigo non se adaptaba aos seus parámetros editoriais.
Pero Beau Lotto estaba decidido a que se apreciaseo traballo desde un punto estritamente científico, e non só desde opunto de vista formal. Así que enviou o artigo a dous neurocientíficos deprestixio internacional para que o valorasen. Unha vez lido, ambos os asesores corroborarono interese científico dos resultados que se expuñan notexto. Estas opinións foron unha axuda fundamental para que o editor darevista Biology Letters acabasepublicando o estudo.
Ante esta historia, a pregunta que xordeé: “Uns nenos de oito anos publicaron un artigo científico enunha revista de prestixio internacional?”. E despois de recibir unha novaconfirmación, adóitase ouvir: “Son superdotados?”. E cando se responde que non,un atópase ante caras que non conseguen afastar a incredulidade. Pero apregunta clave e interesante aquí é por que isto non sucedemáis a miúdo, é dicir, por que nas escolas non se ensina ciencia facendociencia? Se se pensa un pouco nesta cuestión, é moi difícil xustificar quenon se faga. Trátase, en última instancia, de que os alumnos formulenpreguntas significativas para eles e que as respondan utilizando un protocolocientífico. Seguro que os 25 autores do artigo ‘Blackawton bees’ teñen hoxe unha idea da ciencia distinta daque teñen a maioría de estudantes, que se dedican a memorizar con abnegaciónas partes dunha célula ou a reproducir experimentos de laboratorio esperandoobter un resultado definido de antemán. Pouca xente dubida que a curiosidade ea emoción do descubrimento son os auténticos motores da verdadeira ciencia.Por que non aproveitalos máis nas escolas?
Para finalizar, recomendamosvisionar