O 77% dos mozos españois cren que o inglés ten pesa máis que o expediente e a traxectoria profesional para atopar traballo, segundo as conclusións dun estudo realizado por Vaughan Systems con 150 persoas entre 25 e 35 anos. Case sete de cada dez enquisados consideran que este idioma tamén inflúe á hora de avanzar profesionalmente.
Por iso, un 62% dedicoulle ao estudo do inglés entre mil e máis de dous mil horas pero, aínda e todo, confesan que non dominan esta lingua e que este idioma é o gran obstáculo que deben superar. O 88% recoñece que deixou e retomou o inglés entre un e dez veces e un 52% afirma deixar pasar un ano ata retomalo.
O 88% recoñece que deixou e retomou o inglés entre un e dez veces e a metade afirma deixar pasar un ano ata retomalo
Para a maioría dos enquisados por esta empresa en formación de inglés para directivos e persoal de empresa, o profesor e a percepción de avanzar no coñecemento do idioma son as principais claves para non desconectar do inglés.
Por contra, o 83% asegura non tirar definitivamente a toalla e o 60% recoñece estar disposto a investir todo o tempo necesario para aprender o idioma definitivamente. Tamén oito de cada dez consultados pensa que é necesario dedicar máis de 2.000 horas a aprender o idioma á perfección e un 63%, que a mellor fórmula é traballar no estranxeiro entre seis meses e un ano.
O profesor, peza crave
Para o presidente e fundador de Vaughan Systems, Richard Vaughan, o profesor é a peza crave para unha aprendizaxe eficaz e non desengancharse do inglés. “Moitas persoas abandonan o inglés porque non atopan profesores capaces de xerarlles interese e paixón polo idioma”, afirmou Vaughan.
Segundo o presidente de Vaughan Systems, “tanto na escola, infantil, primaria, secundaria, como na Universidade, non se lle presta atención prioritaria ao inglés. Na educación prima a colección de materias e non a profundización. Así mesmo, en España hai poucos profesores capaces de ensinar ben e ademais poucos son nativos”.
No entanto, para Richard Vaughan non hai idade límite para aprender inglés. Pódese empezar a calquera idade. Iso si, o esforzo que require a aprendizaxe é maior. “O idóneo sería que se fomentasen máis os colexios bilingües e apostásese por unha maior profesionalización do sector e un profesorado de calidade”, apuntou.