A península do Iucatán, en México, recibiu o impacto fai agora 65 millóns de anos dun meteorito que provocou a extinción dos dinosauros. O choque contra a Terra deste corpo, de dez quilómetros de diámetro, xerou un tsunami con ondas de 90 metros de altura.
Cunha velocidade de ata 250.000 quilómetros por hora, o meteorito atravesou a atmosfera en poucos segundos, xerando un terremoto de magnitude 13, un tsunami con ondas de ata 90 metros de altura e inxectando á atmosfera e á estratosfera uns 21.000 quilómetros cúbicos de po e fragmentos de roca, segundo os científicos, entre os que se atopa José Luís Sanz, catedrático da Unidade de Paleontología da Universidade Autónoma de Madrid e un dos principais expertos españois na súa área.
Os expertos na materia cren que cando a materia sólida incandescente retornou á superficie provocou graves incendios. Ademais, o po acumulado impediu a chegada da radiación solar durante meses, con graves consecuencias para plantas e animais. A crise finicretácica supuxo a extinción de numerosos organismos, tanto nos ecosistemas terrestres como nos acuáticos. No entanto, non todos os dinosauros extinguíronse. Un grupo especializado dotado de ás e plumas, as aves, conseguiu sobrevivir á crise.