Unha astrónoma estadounidense anunciou que na Vía Láctea, a nosa galaxia, existen cinco estrelas similares ao Sol que poderían ter planetas como a Terra que albergasen civilizacións intelixentes. Tras estudar o parecido co noso Sol en tamaño, composición, idade e cor, Margaret Turnbull, do Carnegie Institution de Washington, realizou unha listaxe de estrelas que terían máis posibilidades de albergar vida extraterrestre.
O cinco estrelas con máis probabilidades de contar con civilizacións intelixentes forman parte dunha lista de dez realizada por Turnbull, no marco do futuro proxecto “Terrestrial Planet Finder” (TPF) da NASA, a axencia espacial estadounidense, co obxectivo de atopar e observar planetas similares á Terra. O estudo pretende mellorar as posibilidades de captar sinais cos radiotelescopios.
A investigadora indicou que o TPF, que consistirá en dous telescopios espaciais, debería ser lanzado cara a 2016, aínda que talvez sería postergado por mor da redución no proxecto de orzamento da NASA para 2007 que acaba de presentarse no Congreso.