Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Envío de fotografías

Envío de fotografías

Facerse maior é un proceso natural e individual, pero implícanos a todos: España converterase a mediados de século no segundo país -o primeiro será Xapón- máis envellecido da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Os avances médicos e o sistema de benestar aumentaron a esperanza de vida, que hoxe en España se sitúa en 82 anos. Vivimos máis e mellor. Pero, o que a nivel individual é un progreso, a nivel colectivo representa un problema?

Segundo a Organización Mundial da Saúde, “non hai unha persoa maior típica”. Mentres algunhas conservan as súas facultades físicas e psíquicas cumpridos os 80 anos, outras sofren un deterioro considerable a idades ata moito máis temperás. Pero, din os expertos, a auténtica lacra na vellez é a soidade, que pode causar depresión.

CANDO ENVELLECER É NEGOCIO.

Nun dos países máis envellecidos do mundo os maiores tamén son obxecto de negocios, e as empresas de servizos sociais centran os seus esforzos en crear un mercado ao seu arredor. Hai máis de 5 500 residencias en España. As comunidades con máis centros son Cataluña, Castela e León, Andalucía, Madrid e Castela-A Mancha, que concentran o 62 % das prazas nas residencias de anciáns. Pero pagar un servizo de calidade non é barato. O prezo medio dunha residencia xeriátrica en España parte dos 1 500 euros ao mes, aínda que existe a posibilidade de que o maior pague unha porcentaxe da súa pensión en función dos seus ingresos, que pode ser de ata o 90 %. A facturación do sector achégase aos 4 200 millóns de euros anuais, segundo o estudo Sectores. Residencias para la tercera edad , da consultora DBK.

Con todo, para os expertos, o reto non só é económico. Tamén social. O 4 % da poboación con 65 anos ou máis vive en residencias e, deles, sete de cada dez son mulleres e o 78 % supera os 80 anos. Aínda que o ingreso nunha residencia é a principal opción dos familiares, só dous de cada tres maiores de 65 anos que o desexan ou necesitan teñen praza nunha residencia pública ou concertada. Para os que esperan, o tempo de demora -sen datos nacionais unificados, porque os servizos sociais son competencia das comunidades- pode prolongarse durante meses nalgunhas rexións. Noutras, ata anos: é o caso de Lugo, onde a Plataforma Avós… Felices afirma que a lista de espera dos seus maiores chegou a superar os dous anos para unha praza pública. Tras as residencias, a segunda opción máis demandada é o coidador, unha atención a domicilio adecuada para persoas aínda autónomas, que desexan asistencia persoal e sanitaria sen renunciar á súa privacidade. Esta é a opción de máis de 167 000 maiores en España.

CANDO O QUE SE BUSCA É COMPAÑÍA.

Pero aínda hai máis opcións para os maiores: entre elas, a teleasistencia domiciliaria, ideal para persoas autónomas que desexan seguir na casa pero ter unha axuda inmediata sempre que necesiten. E noutros casos, o que precisan é sinxelamente compañía unhas horas ao día. A Fundación Amigos de los Mayores é unha das ONG dedicadas a evitar a soidade e illamento destas persoas. O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida e a autoestima. Para iso, creou unha rede de voluntarios en Madrid, Galicia e País Vasco que ofrece compañía e amizade na casa ou en residencias.

Ademais existen os centros de día, pensados para os maiores que viven acompañados, pero que necesitan un reforzo de estimulación cognitiva ou física durante o día. E aínda hai máis opcións, como o cohousing, unha alternativa ás residencias e pisos titorizados, e programas de fomento do envellecemento activo. Envellecer é un proceso natural e individual, pero o reto é colectivo, e implícanos a todos.

A experta: Conchita García, médica xerontóloga, e secretaria da Área de Asistencia Sanitaria en Residencias da Sociedad Española de Geriatría y Gerontología: “O prezo da residencia privada pode ser caro se se compara coas pensións”

Para a madrileña Conchita García, o coidado médico dos maiores constitúe unha vocación e un reto: “Sempre me gustou traballar con anciáns no ámbito das residencias, desfruto coa proximidade do día a día”, di esta doutora xerontóloga, secretaria da área de Asistencia sanitaria en residencias da Sociedad Española de Geriatría y Gerontología. García, amante dos libros e das viaxes, admite que non todas as residencias de anciáns son iguais, que lograr praza nun centro público non sempre resulta fácil, e que os prezos das residencias privadas “poden resultar caros” para demasiadas familias.

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións
Fundación EROSKI

Validacións desta páxina

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto