Os cans rurais teñen contacto con animais de gandaría. Ademais, adoitan pasar máis tempo á intemperie. É dicir, están expostos a máis riscos para a súa saúde que os cans urbanos. A continuación exponse cinco pautas para coidar a un can que vive no campo. Entre elas, a desparasitación interna e externa máis frecuente, previr a leishmaniosis e ofrecerlles un refuxio adecuado onde gorecerse.
Un can que vive nunha zona rural pode estar en contacto con vacas, ovellas, cabalos, burros e gatos, ademais doutros cans. E adoitan facer moita vida no exterior, ao aire libre.
Estas condicións de vida son distintas ás dun can urbano, que habita nun piso e sempre sae á rúa acompañado dos seus donos. Por iso, os coidados dos cans que viven e traballan en zonas rurais deben ser específicos para eles, para garantir a súa saúde e benestar.
Algunhas das pautas que hai que seguir cos cans que viven na contorna rural son as seguintes:
1- Desparasitación interna do can rural cada 45 días
Os parásitos internos proliferan entre os cans do ámbito rural, que viven en contacto con animais como vacas, ovellas, cabalos e porcos.
Por iso, é clave desparasitar a estes cans máis a miúdo, cada 45 días. Os urbanos precísano cada tres meses.
Os cans que están en contacto con outros animais do campo requiren unha desparasitación interna cada 45 días
Os parásitos internos provocan no can enfermidades como a leptospirosis e quistes hidatídicos (cúmulo de larvas parasitarias) que se poden contaxiar ás persoas. Por iso, tanto pola saúde do can como da súa familia humana, a desparasitación interna do animal é fundamental.
2- Desparasitación externa do can no campo
Pulgas e garrapatas proliferan máis en zonas rurais, nas que conviven gran cantidade de animais. As vacas, ovellas e cabalos poden contaxiar parásitos externos ao can que vive preto.
Os métodos que preveñen a aparición de pulgas, garrapatas e piollos no can deben manterse todo o ano cando o can habitan no medio rural, en contacto con outros animais.
Segundo José Capacés, veterinario, “o método máis eficaz para manter baixo control pulgas e garrapatas son as pipetas, que se usan sobre a pel do can”.
Cunha aplicación deste produto o can queda protexido fronte a parásitos externos durante un mes.
Os cans urbanos, segundo a zona de España onde vivan e se así o aconsella o veterinario, poden deixar de utilizar durante o inverno os produtos antiparasitarios. Pulgas e garrapatas mantéñense inactivas coas baixas temperaturas.
3- Control e prevención da leishmaniosis
Os cans que viven en contacto con gando en zonas rurais necesitan unha protección extra contra a leishmaniosis.
Estas precaucións son moi importantes nos lugares de España con máis prevalencia do mosquito que transmite o parásito desta enfermidade: Madrid, Cataluña, Levante, Baleares e Andalucía.
A prevención da leishmaniosis con produtos repelentes de parásitos e insectos é clave para que o can rural non contraia esta enfermidade.
“O uso durante todo o ano de colares que conteñen deltametrina, que repele aos insectos, é fundamental para que o can non contraia a leishmaniosis”, explica Capacés.
Este veterinario recomenda nestes casos, ademais, a vacina contra a enfermidade.
Os controis anuais -a través dunha análise de https://www.consumer.es/web/es/mascotas/perros/salud/vacunas-e-enfermidades/2013/01/30/215594.php”>sangre do can son aconsellables para previr esta doenza.
4- Un refuxio para o can rural
Os cans rurais que dormen no exterior necesitan unha caseta adecuada para gorecerseNon é estraño que algúns cans que viven no campo durman no exterior da casa. Isto ocorre, sobre todo, se son de traballo, como os cans pastores. Por iso, necesitan un aloxamento onde refuxiarse do frío, a calor e a humidade.
Unha caseta para o can debe ter un illamento eficaz contra as temperaturas extremas. E unha orientación adecuada, que protexa ao can do vento frío do norte e da calor.
5- Supervisión para evitar atropelos, malos tratos e roubos

Un can que vive nunha contorna rural e sae ao exterior da casa dos seus donos debe estar vixiado. Iso evita que resulte atropelado, roubado, sufra malos tratos e sufra accidentes.
A identificación con microchip é obrigatoria. Pero, ademais, é a mellor forma de recuperar a un can extraviado.