A inseminación artificial é unha técnica de reprodución asistida polo home, que se realiza cando, por diversas circunstancias, a unión da parella canina non dá os resultados esperados. Cuestións como a incompatibilidade da parella, ou que o macho e a femia vivan en lugares distintos, son motivos polos que se pode levar a cabo a inseminación artificial.
Existen tres técnicas de inseminación artificial:
A inseminación con seme fresco. Esta técnica utilízase cando o criador ten unha parella de reprodutores que non conseguen éxito na fecundación por causas como:
- Incompatibilidade de caracteres.
- Inexperiencia dun ou ambos os cans (macho e femia).
- Porque a cadela ten as vías xenitais estreitas.
- Por molestias ou dores físicas do macho ou a femia, por exemplo no pene ou na vagina.
A técnica da inseminación con seme fresco consiste en: tras comprobar que a femia está receptiva, o veterinario recolle o seme do macho, que se analiza con microscopio. Desta maneira compróbase o número, aspecto e mobilidade dos espermatozoides Se a calidade do esperma é adecuada introdúcese na vagina da femia cunha sonda vaginal ou, se é no útero, cunha sonda uterina.
Tras a inseminación
Unha vez que a femia foi inseminada é recomendable que a cadela manteña as extremidades posteriores levantadas durante un dez minutos, para facilitar o ascenso dos espermatozoides.
O seme conxelado non pode utilizarse sen o consentimento do propietario do can reprodutorPola mesma razón é conveniente que a femia non ouriñe tras os minutos seguintes á inseminación. Segundo Gonzalo Fernández Milleiros, criador canino, “a técnica da inseminación con seme fresco, pode producir tan bos resultados como a equitación natural, é dicir ao redor dun 80% de éxito na xestación .
A inseminación con seme refrigerado
Esta técnica utilízase cando os dous reprodutores viven en lugares distintos, a distancias considerables, por exemplo pode darse o caso de que se queira cruzar a unha cadela que vive en Portugal cun macho que reside en España. Para reducir gastos de desprazamento e aloxamento pódese optar pola inseminación con seme refrigerado.
A técnica para levar a cabo este tipo de inseminación consiste en que un veterinario autorizado recolle o seme do macho e analízao, despois arrefríase ata unha temperatura de 4 graos centígrados e envíase nun recipiente térmico a outro veterinario, que será quen practique a inseminación, despois de controlar o estado de conservación do esperma, así como a dispoñibilidade da femia.
Estas operacións deben realizarse nun período de tempo de 48 horas, desde a extracción do seme ata a súa implantación na femia. Por iso require unha boa sincronización entre as persoas que forman parte do proceso, porque é importante coordinar aspectos como:
- a dispoñibilidade do semental.
- O material e formación específica dos veterinarios.
- O seguimento do ciclo menstrual da cadela.
- A rapidez no envío do esperma, nas condicións adecuadas para a súa conservación.
Técnica de inseminación con seme conxelado
Para levar a cabo esta técnica recóllese o seme e analiza a súa calidade e número de espermatozoides.
A inseminación coas mostras de seme conxelado debe ser practicada por un veterinario coa formación adecuada para aplicar esta técnicaSegundo explica Gonzalo Fernández Milleiros, criador cairo da raza Golden Retriever, “co fin de evitar o esperma que conteña menos de 150 millóns de espermatozoides móbiles ou máis dun 30% de formas anormais”, despois dilúese o seme cun crioprotector e colócase en recipientes que se poden conservar durante tempo ilimitado nun banco de seme, con nitróxeno líquido, a unha temperatura de menos 196 graos centígrados.
O seme conxelado non pode utilizarse sen o consentimento do propietario do can reprodutor. Este pode acordar co propietario da cadela un prezo de venda. O papel do banco de seme con respecto a estes acordos é o de fornecedor dun servizo. A inseminación coas mostras de seme conxelado debe ser practicada por un veterinario coa formación adecuada para aplicar esta técnica.
Aplicacións
O uso de seme conxelado permite aplicacións como:
– Os intercambios xenéticos entre países que se atopan a distancias considerables. Por exemplo é imposible enviar unha cadela para cruzala cun semental que se atope en Inglaterra sen sometela a corentena.
-Permite conservar o patrimonio xenético dun bo reprodutor durante tempo ilimitado. Desta forma pódese usar o seme, aínda no caso de que o can morrese.
-Permite salvar certas razas que se atopan en vías de desaparición e corrixir ou emendar certos trazos de razas que poden crear problemas de saúde. Por exemplo no caso de bulldog, pódese utilizar o seme dos primeiros cans desta raza, que non eran tan chatos, para lograr cans que teñan menos problemas respiratorios.