Alemaña.
O rottweiller é de cranio ancho, ollos almendrados, orellas pequenas, pescozo forte.
Negro con distintivas marcas de cor lume.
Lonxitude media, basto e lacio, cunha capa interna no pescozo e as coxas.
Entre 55 e 68 cm.
Peso:
Entre 41 e 50 Kg
Deben dispor de moito espazo libre, pois soportan moi mal os peches. O seu aseo non presenta ningunha complicación.
Require unha educación cariñosa, moito espazo e exercicio e un cepillado diario cun cepillo de púas.
Ao ser un can robusto, astuto e intelixente, o rottweiler necesita liberdade, e non soporta estar atado durante moito tempo. Se está ben socializado, é un can cariñoso e afable.
Con educación (goza o adestramento) será un can tranquilo, reflexivo e paciente cos nenos.