Os animais, sobre todo os cans, forman parte da nosa sociedade, por iso regúlase a súa tenencia por Lei. Ao asegurar a un can, preténdese que quede cuberto fronte a prexuízos derivados da convivencia con el. A responsabilidade sobre o can é dos propietarios e recóllese no Código Civil español.
A Lei di que: todos os cidadáns temos a obrigación de resarcir o dano que causamos, xeralmente, cunha compensación económica. Cando o prexuízo o causa un animal, a responsabilidade recae sobre a persoa propietaria. Esta situación denomínase responsabilidade civil indirecta. Pero a responsabilidade tamén recae sobre a persoa que poida estar ao cargo do animal de maneira temporal.
A responsabilidade fronte á tenencia do animal só cesaría en dous casos: un que se denomina “de forza maior”, e refírese a casos en que, por exemplo produciuse un incendio, un terremoto ou roubaron o can. O outro suposto, refírese a se o animal atacase a unha persoa que entra de maneira clandestina na propiedade privada dos donos do animal para roubar.
Competencia municipal
Cada comunidade autónoma ten a súa propia lexislación sobre tenencia de animais domésticos. Aínda que coinciden en moitos aspectos, tamén hai certas variacións.
Para saber, con seguridade, se o can debe estar asegurado, o máis recomendable, é dirixirse ao Concello, onde está censado o animalO tema dos seguros para animais, adoita ser de competencia municipal. Para saber, con seguridade, se o can debe estar asegurado e en que condicións, o máis recomendable, é dirixirse ao Concello, onde está censado o animal. Antes de contratar o seguro, hai que solicitar que a cantidade estipulada pola vía de responsabilidade civil, non sexa inferior á que estipula a Lei na Comunidade Autónoma onde se reside.
Os seguros, son xa por tanto, un requisito legal a cumprir para completar os deberes dos propietarios de animais domésticos de face a unha tenencia responsable. Neste sentido, Miguel Velasco, adiestrador canino, opina que “é conveniente ter ao animal asegurado, porque ninguén está exento de accidentes” e engade: “hoxe en día a xente denuncia por todo e fronte a calquera pequeno incidente é mellor ter un seguro que nos cubra”.
Comparar prezos
As condicións e prezos para asegurar a un can varían dunhas compañías de seguros a outras. Polo que hai que consultar os prezos e condicións de varias aseguradoras para atopar a que máis se axusta ao noso peto.
Hai que ter en conta que a maioría dos seguros para o fogar ten incorporada a posibilidade de cubrir a tenencia dos animais de compañía así que, antes de subscribir un seguro aparte para o can, é recomendable consultar as condicións e clausulas do noso seguro de fogar.
Doutra banda, hai empresas que aseguran ao can polo seu valor. Esta opción está indicada en casos de razas caras, xa que cobren casos de extravío, roubo ou morte accidental. Este tipo de seguros tamén cobre os gastos derivados dos tratamentos veterinarios, ou de estancias en residencias caninas.
“Razas potencialmente perigosas”
No caso de cans considerados de razas “potencialmente perigosas” é obrigatorio contratar o seguro. Trátase de animais con determinadas características físicas en canto a: complexión, mandíbula ou peso, entre outras. No caso destas razas, hai que cumprir outros requisitos específicos que son os seguintes:
- Ser maior de idade. Para acreditalo, hai que presentar o carné de identidade.
- Non presentar antecedentes penais con respecto a algúns supostos como delitos contra a propiedade, a moral, a liberdade sexual ou homicidio. Para demostralo débese ajuntar un certificado de penais que se obtén no Rexistro de Antecedentes Penais, e unha declaración xurada de non ser sancionado pola presente Lei.
- Dispor de capacidade física e psicolóxica para ter un destes cans. A certificación obterémola en calquera centro de recoñecementos médicos, por exemplo os centros para a renovación do carné de conducir ou do permiso de armas.
- Acreditación de subscribir un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros, por un valor de 120.000 de euros.
Ter un can implica moitas responsabilidades , entre elas, o procurarlle unha educación adecuada, que garanta o cumprimento dunhas normas básicas.
Hai que consultar varias compañías de seguros, porque as condicións e prezos varían dunhas a outrasNo caso dos cans de determinadas razas, que teñen unha forza excepcional, a responsabilidade é maior neste sentido. Non se pode adquirir un can con determinadas características físicas por capricho, curiosidade ou por ter un gardián gratis as 24 horas do día, senón para coidalo, cubrir as súas necesidades e sacar a relucir o seu lado máis nobre.
É recomendable ter asegurado ao animal para estar cubertos fronte a imprevistos e accidentes.
Consultar en varias compañías de seguros as condicións e prezos para escoller a que máis se axusta ao noso peto e necesidades. A tarifa media é de 70 euros anuais.
Non esquecer que a maioría de seguros para o fogar contan coa posibilidade de incluír a cobertura do can. Hai compañías que ofrecen a opción de asegurar dous cans.
Fronte a calquera dúbida, consultar ao concello do municipio onde se reside.
Os cans de máis de 20 quilos deben estar asegurados.