Por que é tan importante a temperatura nun terrario?
Os animais que viven no interior dun terrario son ectotérmicos, máis coñecidos como de sangue frío. Non son capaces de regular a súa temperatura corporal mediante procesos fisiolóxicos internos (como si fan os mamíferos, por exemplo), polo que dependen da temperatura ambiental e da súa conduta para regular o seu metabolismo e sobrevivir.
Afeitos a temperaturas cálidas e, moitas veces, húmidas, o frío afecto moito a estes animais. Móstranse moito menos activos, comen o xusto e mesmo algúns entran en brumación (réptiles e anfibios) ou diapausa (réptiles), o que coñecemos como hibernación nos mamíferos. Si a temperatura descende máis da conta, o animal pode chegar a falecer, xa que o seu metabolismo non está preparado para combater o frío.
Calor asegurada durante todo o ano
Aínda que a maioría das casas contan con sistemas de calefacción, para os moradores dun terrario esta circunstancia pode chegar a ser insuficiente. Estes animais necesitan estar a un rango térmico sen grandes oscilacións, o que non adoita darse nas vivendas: quen máis, quen menos desconecta a calefacción nalgún momento do día. Suplir estes apagamentos térmicos é imprescindible para que os nosos compañeiros estean felices alén do cristal.
O primeiro paso é instalar un ou varios termómetros no terrario. O motivo? Coñecer a temperatura que ten a instalación en todo momento. Para que sexa efectivo, o termómetro debe colocarse no verán ou primavera; desta forma, coñeceremos o rango térmico óptimo no que debe estar o animal e poderémolo reproducir durante o inverno.
O tamaño do terrario condiciona a súa temperatura interior, co que deberás pór un ou máis termómetros para saber cal é a cifra axeitada.
- Si a instalación é grande, terá distintas zonas acondicionadas, co que os graos poden variar dunhas a outras.
- Si o terrario é pequeno, o habitual é que manteña unhas condicións climáticas similares en todo o espazo.

Como manter estable a temperatura do terrario
Unha vez coñezas o rango térmico axeitado, só terás que reproducilo durante todo o ano. Estes aparellos axudan nesta tarefa:
🔶 Lámpadas calefactoras
Imprescindibles en calquera terrario, proporcionan calor ao animal, mellorando o seu benestar. Hai distintos tipos de lámpadas calefactoras:
- De calor infravermella. Non despenden luz, polo que poden ser utilizadas en calquera momento do día ao non interferir nos biorritmos do animal.
- Cerámicas. Estas lámpadas poden alcanzar unhas temperaturas moi elevadas, así que é obrigatorio colocalas fose para evitar que o animal entre en contacto con elas.
- De vapor de mercurio. Proporcionan luz, calor e radiación ultravioleta. Non se recomendan para instalacións pequenas ao ser demasiado potentes e elevar a temperatura demasiado. Así mesmo, convén respectar o número de horas de conexión diaria máxima recomendadas polo fabricante co fin de non danar ao animal.
💡 Importante! As lámpadas cerámicas quentan de forma similar a como o faría a luz solar, pero non emiten luz. Son perfectas para os animais de ecosistemas desérticos, xa que proporcionan unha calor seca. Por iso non son aptas para especies que precisen de humidade para sobrevivir, posto que resecan en exceso a pel.
🔶 Cables calefactores
Son unha das solucións máis sinxelas para asegurar o confort térmico do terrario. Os cables calefactores son moi versátiles, xa que poden colocarse en toda a superficie da instalación (o que proporcionaría unha calor uniforme) ou en zonas concretas, en función do que necesite o animal (no refuxio, por exemplo). Mesmo se emprazan en espazos verticais.
A gran maioría dos cables calefactores son resistentes á auga (hainos mesmo somerxíbeis) e á humidade, polo que son aptos para terrarios nos que residen especies tropicais.
🔶 Manta eléctrica
Reproducir os hábitats climáticos das especies é realmente cómodo con este accesorio. As mantas térmicas emiten calor de forma homoxénea, e é posible elixir distintas potencias e tamaños. Poden colocarse tanto no exterior como no interior do terrario; neste último suposto deben estar separadas do contacto directo co animal (cun cristal, por exemplo) para evitar queimaduras.
É aconsellable escoller unha manta equipada con regulador de temperatura, co fin de axustar o rango de graos ao que realmente necesite o animal en cada momento concreto; e tamén con termostato, para que se conecte cando sexa preciso.