O ecoturismo pode desempeñar un papel importante no desenvolvemento sustentable, segundo unha das conclusións adoptadas por consenso no 65º período de sesións da Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU). O organismo pediu que se promova o turismo ecolóxico porque xera “efectos positivos” nos ingresos, ademais de lograr a erradicación da pobreza e mellorar a protección ambiental.
Recollido na páxina web da Organización Mundial do Turismo (OMT), o texto aprobado recoñece que o ecoturismo crea “oportunidades significativas” para a conservación, a protección e o uso sustentable das áreas naturais. Alenta ademais ás comunidades locais e indíxenas dos países receptores, así como aos turistas, a conservar e respectar o patrimonio natural e cultural, apunta o documento.
Unha das resolucións, encabezada por Marrocos e apoiada por 90 países, recoñece, ademais, que o ecoturismo pode ter efectos positivos na xeración de ingresos, a creación de emprego e na educación.
Mediante a adopción deste tratado, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas alenta aos países membros a promover o investimento no ecoturismo e insta o sistema da ONU a promocionar o ecoturismo no contexto dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.