O Consello de Ministros extraordinario celebrado esta mañá aprobou as axudas para os afectados polos incendios en Canarias. Trátase dun decreto-lei, similar ao aprobado o ano pasado cando o lume devorou Galicia, con axudas fiscais e laborais que tamén irán destinadas a restablecer algunhas infraestruturas danadas.
Os incendios que afectaron sobre todo ás illas de Gran Canaria e Tenerife, aínda que se produciron outros nalgunhas zonas boscosas da Palma e A Gomera, arrasaron, en total, unhas 31.500 hectáreas e obrigaron ao desaloxo de 12.000 persoas, segundo o balance provisional.
Estes danos trataranse de emendar mediante o decreto-lei aprobado, que entrará en vigor o vindeiro luns. Inclúe bonificacións fiscais, axudas a quen perdesen o seu emprego, fondos para restablecer as infraestruturas afectadas, e prestacións para os que se quedaron sen vivenda por mor das chamas. Estas axudas serán complementarias coas que decreten os cabidos insulares e o Goberno canario.
Unha disposición adicional establece, ademais, os créditos que fagan falta para crear nas illas unha sede específica da Unidade Militar de Emerxencia.
Medios permanentes
Doutra banda, o Executivo insular ha pedido ao estatal que destine ao arquipélago de forma permanente algunhas das unidades contraincendios desprazadas ás illas para loitar contra o lume, porque a distancia do seu territorio esíxeo “ e require”.
En concreto, solicita a permanencia de, polo menos, dous helicópteros e as súas correspondentes brigadas forestais, que, nas épocas do ano de menor alarma, dedicaríanse a labores de prevención e adestramento.
Ademais, o Goberno canario quere que a Administración central colabore na elaboración de senllos plans destinados a paliar os danos provocados polo lume: un contra a erosión do chan, que evite que se agraven as secuelas en monte e terreos agrícolas, e outro de dinamización económica
Focos fumarentos
O incendio de Gran Canaria aínda presenta algúns focos fumarentos que están a ser controlados por un dispositivo de emerxencia. O Cabildo insular espera que este venres o lume quede completamente extinguido.
Un dos obxectivos das tarefas que se están desenvolvendo é salvar as árbores centenarias situados entre as casas de Pajonales e a Presa das Nenas. Para iso estanse vertiendo produtos espumógenos que permiten retardar a calor e refrescar a zona.
Nos labores de extinción participan, desde o aire, dous helicópteros, mentres que en terra traballan preto dun centenar de persoas do Consorcio de Emerxencias de Gran Canaria, así como analistas e técnicos da Consellería de Medio Ambiente do Cabildo e persoal da Unidade Militar de Emerxencias, de Protección Civil e das forzas de seguridade do Estado.
O lume queimou unha superficie de menos de 8.000 hectáreas segundo as primeiras estimacións, e o perímetro da superficie afectada é dunhas 16.000 hectáreas, menos do que se calculou nun principio (20.000 hectáreas).