As choivas torrenciais e os fortes ventos rexistrados este inverno pon en perigo a supervivencia da bolboreta monarca. O atípico inverno mexicano do pasado ano danou a reserva de 13.000 hectáreas onde este lepidóptero pasa os meses fríos na súa fuxida das baixas temperaturas de Canadá.
Esta situación alertou aos grupos conservacionistas, xa que a monarca necesita unhas condicións moi específicas de altitude e temperatura para sobrevivir, e a destrución do seu reserva no occidente mexicano podería pola en perigo.
Esta ameaza únese aos problemas de talla ilegal no país centroamericano, que arrasa desde hai tempo os bosques do oeste de México. Agora son as variacións climáticas as que pon en xaque a unha especie que durante o inverno pasado alcanzou mínimos históricos. E os expertos non son optimistas. “Podemos dicir que os eventos climáticos extremos serán máis frecuentes e máis intensos”, vaticina Juan Bezaury, representante en México da Natura Conservancy.