O Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño (MARM) asinou co Alto Comisario de Augas e Bosques e a Loita contra a Desertificación do Reino de Marrocos, Abdeladim Lhafi, e o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Andalucía, José Juan Díaz Trillo, un Memorándum de entendemento relativo á coordinación da Reserva da Biosfera Intercontinental do Mediterráneo, e á implementación dos eixos comúns do seu Plan de Acción 2011-2015. O acordo, vixente durante cinco anos, articúlase en varios eixos orientados á consolidación da Reserva, o desenvolvemento territorial sustentable e a comunicación, sensibilización e participación social.
O Memorándum contempla mecanismos e órganos de coordinación transfronteiriza, a elaboración de ferramentas de xestión para a implementación dos plans de xestión dos espazos protexidos da Reserva, bases de datos comúns e indicadores de seguimento e o diagnóstico e posta en valor do patrimonio cultural.
Outros dos eixos do convenio están dedicados ao diagnóstico das potencialidades do desenvolvemento territorial, á elaboración e posta en marcha de programas sustentables e a capacitación dos actores/axentes de desenvolvemento e tamén á comunicación, sensibilización ambiental e participación social.
A Ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, Rosa Aguilar, explicou que “a educación e a participación van ser elementos esenciais e fundamentais ao longo e ancho de todo o Plan de Acción 2011-2015”. Sinalou que se necesita non só a colaboración entre as institucións senón tamén a dos colectivos. “Trátase de facer un espazo de oportunidades para avanzar e mellorar”, xa que, entre outros factores, xerarán oportunidades de emprego, sobre todo para os mozos, afirmou.
O territorio desta Reserva da Biosfera repártese entre nas provincias de Málaga e Cádiz, e as de Chaouen, Larache, Tánxer e Tetuán no norte de Marrocos. Na súa totalidade conta con 907.185,02 hectáreas. A parte española ocupa unha superficie de 423.535 hectáreas das cales 9.248 ha son mariñas, pertencentes ao Estreito de Xibraltar.
A Reserva inscríbese dentro da Rexión Mediterránea e comparte co sur da Península Ibérica ecosistemas de gran valor entre os que destacan as formacións de Abies pinsapo, abeto que só se atopa nesta rexión do Planeta e constitúen un bosque tépedo que permaneceu ao longo do tempo en pequenas extensións sometidas a un clima mediterráneo, como reminiscencia dos grandes abetais que poboaron esta zona durante a época das glaciaciones.
A creación desta reserva da biosfera transfronteiriza foi o resultado dun laborioso proceso entre España e Marrocos co propósito de contribuír ao obxectivo de alcanzar un desenvolvemento sustentable para as poboacións que habitan nestes territorios.