O Tribunal Supremo da India multou onte luns, día 16, á multinacionais Coca- Cola, Pepsi, Nestlé e outras empresas locais por pintar os seus logotipos e anuncios nas paredes do Himalaya, e en especial nun paso considerado de gran valor ecolóxico.
O tres xuíces do Supremo indio estableceron multas de 200.000 rupias (uns 4.000 euros) ás norteamericanas Pepsi e Coca Cola e outras 100.000 rupias ás demais empresas procesadas por vandalismo “comercial” na rexión de Kullu. As sancións, segundo a sentenza do Tribunal, deberán pagarse nun prazo de corenta e oito horas.
Empresas indias
O comité especial estivo a examinar e gravando os danos causados polas enormes pintadas de empresas establecidas no país indio como son o Banco Estatal de India, Deterxentes Fena, Nestlé India e Hoteis Annapurna, nas rexións de Kullu e Manali e no Paso de Rohtang, unha paraxe natural único no mundo que comunica India con Asia Central.
O informe elaborado polo comité indica que ningunha das compañías pediu autorización paira realizar as pintadas e que, ademais, os danos causados no fráxil ecosistema do Himalaya son “irreparables”.
No caso de Coca Cola e Pepsi, ambas as empresas americanas desculpáronse acusando aos seus distribuidores locais de pintar os logotipos sen informar á central.
O problema do lixo
Estas medidas ejemplarizantes a favor do coidado do medio ambiente no Himalaya son tomadas pola Administración india ante a gran expectación que provocan estas montañas e o elevado número de visitantes, que cada ano se multiplica.
O maior problema é nestes momentos a cantidade de lixo que se vai acumulando nos carreiros e zonas de acampada do Himalaya, sobre todo na saia do Everest, o lugar máis visitado de toda a cordilleira.