España e Portugal asinaron un acordo de colaboración para a recuperación do lince ibérico que inclúe a cesión de exemplares do felino criados en catividade en chan hispano para a súa reprodución en territorio luso.
Os ministros responsables da área de medio ambiente de España, Cristina Narbona, e Portugal, Francisco Nunes, subscribiron o acordo polo que Portugal se suma aos esforzos españois para evitar a extinción desa especie. Ambos os ministros destacaron que o proxecto supón un reto para a preservación da biodiversidade na península ibérica, unha mostra das excelentes relacións bilaterais e un exemplo de programa ambiental no ámbito europeo.
O protocolo rubricado na capital lusa obriga a Portugal a crear un centro para a reprodución do lince en catividade e adoptar medidas de protección ambiental para que no futuro o felino poida volver ao seu medio natural e sobrevivir en por si.