Co labor de difundir unha serie de normas que sirvan para reducir o impacto ambiental negativo que xeran as organizacións e entidades xuvenís en relación co medio ambiente, o Consello da Mocidade de España elaborou unha “Guía de boas prácticas ambientais en asociacións xuvenís”.
A publicación recomenda, entre outras cousas, implantar sistemas de xestión ambiental como método de organización. Na guía, dirixida dirixe tanto aos directivos das organizacións como ao persoal que colabora nas actividades das asociacións, recóllense ademais outros aspectos como a iluminación, o aire acondicionado e a calefacción, os equipos informáticos, o papel, a auga, os produtos de limpeza ou os ruídos.
A guía ten como finalidade que os membros destas organizacións modifiquen os seus hábitos ocupacionais dunha forma fácil e sempre que non supoña un gran custo económico, aumentando con iso a calidade ambiental. Ademais do bloque central dirixido ás boas prácticas ambientais, no documento dáse un pequeno repaso a problemas ambientais como a choiva aceda ou o cambio climático. Tamén aparece un apartado explicando o concepto de ecoetiquetas e símbolos de perigo. Por último, facilítanse unha serie de páxinas web de interese relacionadas co medio ambiente.
“Ás veces só é necesario aplicar o sentido común e ter en conta unha serie de medidas que, levadas a cabo de forma sistemática, poden conseguir aforrar materias primas e enerxía, así como reducir a contaminación e posibles riscos que poidan afectar tanto o Medio Ambiente como á saúde das persoas”, aseguran os autores da guía.