Destrución da natureza, contaminación da auga, o aire e o chan con sustancias tóxicas e radioactivas ou enfermidades de todo tipo. Son algunhas das consecuencias da extracción e procesamiento das terras raras, uns elementos químicos usados en gran cantidade de aparellos electrónicos, como os móbiles, e en tecnoloxías a priori beneficiosas para o medio ambiente, como os aeroxeradores ou os coches eléctricos. Reducir o malgasto destes materiais e reciclalos resutlan unhas medidas esenciais para loitar contra o problema. Este artigo sinala que son as terras raras e para que serven, como afectan o medio ambiente e como combater o seu impacto ambiental.
Que son as terras raras e para que serven
“O impacto ambiental dos teléfonos móbiles é brutal e non se ve”Na actualidade, o avance das novas tecnoloxías converteron ás terras raras en elementos estratéxicos, empregados tamén en teléfonos móbiles, computadores, auriculares, etc., e nas denominadas “tecnoloxías verdes”: aeroxeradores, coches eléctricos, iluminación LED, etc.
Terras raras: como afectan o medio ambiente
“O impacto ambiental dos teléfonos móbiles é brutal e non se ve”, asegura Enrique Montero, profesor de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Cádiz e experto en terras raras e o seu impacto no medio ambiente (ofreceu un relatorio no Congreso Nacional de Medio Ambiente, Conama, sobre o tema). “Como os equipos tecnolóxicos actuais son tan pequenos, parece que teñen pouco impacto, pero o seu impacto ambiental é moi elevado debido ás terras raras, as cales ademais non se recuperan despois”, explica Montero, responsable ademais da cátedra Relec, especializada no impacto ambiental dos aparellos eléctricos e electrónicos.
As terras raras son difíciles de obter e producen danos no medio ambiente e a saúde moi elevados. A extracción faise en minas ao descuberto e para o seu procesamiento requírense produtos químicos moi agresivos. Ademais, nos minerais dos que se extraen é moi común a presenza de elementos radioactivos como o torio ou o uranio. Segundo datos facilitados por Montero, a produción dunha tonelada dá lugar a entre 9.600 e 12.000 metros cúbicos de gas residual que contén po concentrado, acedo fluorhídrico, dióxido de xofre e acedo sulfúrico, uns 75.000 litros de auga residual aceda e ao redor dunha tonelada de residuos radioactivos.
As consecuencias ven mesmo desde o espazo. A imaxe superior, captada pola axencia espacial estadounidense (NASA), mostra a principal mina onde se obteñen, en Baotou, Mongolia Interior (China). Este país monopoliza, cun 97%, a produción mundial. China produce a baixos prezos porque non incorpora os custos dos danos devastadoras para a natureza e prexudiciais para a saúde humana: a vexetación desaparece da área da mina; a contaminación en forma de radiación, partículas ou produtos químicos afecta o aire, a terra e as augas circundantes; e as enormes balsas permanentes conteñen produtos químicos tóxicos e nalgúns casos elementos radioactivos. En Baotou a agricultura e gandaría tiveron que abandonarse e non hai familia que non estea afectada por algunha enfermidade. O comercio ilegal ou as loitas económicas internacionais son outras das súas consecuencias negativas.
Como combater o impacto ambiental das terras raras
Do mesmo xeito que outros impactos ambientais, non só afecta os lugares onde se orixina. Montero explica que “os campos están arrasados e o río amarelo á beira da mina de Baotou, utilizado para regar e dar de beber a millóns de persoas en China, está contaminado. Esta auga chegará ao mar e as treboadas de China, que arrastran as partículas contaminantes, chegan a California”. Por iso, subliña o profesor, “é un problema global e hai que tomar decisións globais”.
O experto da Universidade de Cádiz recomenda reciclar todo o posible para loitar contra o dano ambiental das terras raras. Agora ben, só a reciclaxe non é a solución. Ao cabo dunhas poucas reciclaxes, os elementos desaparecen e nalgúns casos non merece a pena pola escasa cantidade. Por iso, propón sobre todo as seguintes medidas:
- Utilizalas só en aplicacións realmente útiles e que poidan reciclarse. O seu uso en aeroxeradores, coches eléctricos ou lámpadas de baixo consumo merece a pena, porque ademais de ser positivos para o medio ambiente, estes aparellos conteñen a cantidade suficiente de terras raras que xustifica o seu posterior reciclado e recuperación. Non ocorre así cos móbiles, pola cantidade tan pequena que levan. En realidade necesitamos que vibren (precisan de terras raras para esta función)?, pregúntase Montero.
- Non caer no consumismo do usar e tirar e evitar o malgaste. Cambiar cada pouco tempo de teléfono para estar “á última” ou utilizar aparellos como auriculares de baixa calidade que apenas se empregan unha vez non debería estar na cabeza dun consumidor responsable. As empresas deberían unificar criterios para evitar incompatibilidades que leven un maior uso de compoñentes, cables, conectores, etc.; en definitiva, apostar pola calidade e a duración dos produtos.
- Diminuír a súa cantidade e substituílos por outros materiais ou aplicacións. Os fabricantes, para non ser tan dependentes das terras raras chinesas, traballan en novos modelos coa menor cantidade posible ou mesmo sen elas, como os discos duros de estado sólido (SSD).
Le máis artigos sobre contaminación. Segue a canle de Medio Ambiente en Twitter @E_CONSUMERma e ao seu autor @ecienciacom