1. Cidades compactas
As cidades compactas son unha das tendencias destacadas pola ONU. Este novo enfoque evita unha expansión urbana descontrolada, o que reduce a necesidade de mobilidade e xera beneficios ambientais, económicos e sociais. Nestas cidades utilízase máis o transporte público, fanse máis traxectos a pé, hai menos coches, menos contaminación e os servizos de emerxencias son máis rápidos.
2. Cidade dos 15 minutos
Promove a reconfiguración dos barrios de maneira que ninguén teña que desprazarse máis dun cuarto de hora desde a súa casa para poder acceder a calquera servizo básico. Xa se está implementando en París, Barcelona ou Melbourne.
3. Supermanzanas
É unha agrupación de mazás en cuxo interior se restrinxe o tráfico e amplíase o espazo para o peón e as zonas verdes nun 70 %. Barcelona xa utiliza esta solución.
4. Transporte público
É un elemento fundamental para facilitar a mobilidade sostible a ampla escala nas cidades e unha clara alternativa ao transporte privado. As cidades están a levar a cabo diferentes accións:
- Utilización de vehículos ou medios de transporte públicos de baixas emisións.
- Promoción ao acceso a persoas en situación de exclusión, vulnerabilidade ou con problemas de mobilidade físicos.
- Integración tecnolóxica que permite o acceso sinxelo aos medios de transporte, como un cartón intermodal.

5. Carsharing
Máis de 600 cidades en todo o mundo teñen implantados servizos de coches compartidos.
6. Mobilidade a demanda
Sistema de transporte irregular e flexible naquelas zonas nas que non é rendible, pola súa baixa demanda, implantar un servizo público regular.
7. Mobilidade activa
Auméntanse as oportunidades para o peón e foméntase a bicicleta para que sexa utilizada como medio de transporte habitual (o que tamén repercute na saúde dos cidadáns).
8. Vehículo eléctrico
Desenvolver unha infraestrutura de recarga e aplicar medidas de apoio financeiro á compra dos coches eléctricos.
9. Tecnoloxía
Empregar ferramentas de información e comunicación, ademais de sistemas intelixentes de transporte (ITS) para a xestión das flotas e as infraestruturas.