Un estudo divulgado onte pola revista “Science” mantén que o desxeo ártico acelerouse nas últimas décadas e podería causar cambios climáticos nas rexións tépedas do planeta. Ademais, outro estudo sinala que este desxeo se debe á contaminación, que aumentou nas latitudes altas do planeta.
A desaparición do xeo nos mares árticos ha chegado a un momento “crítico” cuxo impacto “non se limitará á rexión ártica”, segundo indicou Mark Serreze, científico do Centro Nacional de Datos sobre a Neve e o Xeo na Universidade de Colorado. Así, a acumulación de xeo nestes mares foi negativa en todos os meses desde 1979, cando se comezaron a utilizar satélites para a súa observación.
Serreze detallou que o aumento nas concentracións de gases provocou este ano unha perda duns 100.000 quilómetros cadrados de xeo. “Mentres o Ártico perde moito xeo nos meses de verán, parece que tamén está a xerar menos xeo no inverno”, explicou o investigador. Se se segue esta tendencia, é posible que se avance rapidamente cara a unha situación en que non haxa xeo no Ártico, apuntou o científico.