A sinxeleza de uso e o descenso do seu prezo converteu ao navegadores GPS nun complemento cada vez máis habitual no automóbil, especialmente entre os automobilistas das grandes cidades.
No entanto, en caso de vivir nun pequeno pobo, tampouco hai que descartar a instalación dun navegador. Non só pola facilidade coa que permite chegar ata un hotel cando visitamos unha gran cidade senón pola cantidade de POI e servizos que ofrece para realizar calquera viaxe.
Os POI son os Puntos de Interese (Point of Interest, en inglés). Os mapas conteñen a información de hoteis, gasolineiras, restaurantes, monumentos, edificios oficiais e un longo etcétera cada día máis extenso. Nun futuro, conterán todos os datos das páxinas amarelas, co que será posible chegar a Munich e atopar sen problema unha pequena tenda de reparación de calzado, por exemplo.
Outros servizos que inclúen o GPS son:
– Tráfico: os mapas intégranse cos sistemas de información de tráfico das principais cidades. Así obteñen en tempo real os POI relativos a obras, atascos, rúas pechadas e outras incidencias, calculando a ruta que permita chegar no menor tempo posible ao destino.
– Servizos: gasolineiras, hoteis, aeroportos, caixeiros automáticos, restaurantes, edificios oficiais, polígonos industriais, parques empresariais…
Os mapas conteñen a información de hoteis, gasolineiras, restaurantes, monumentos, edificios oficiais e un longo etcétera cada día máis extenso
– Información por voz: a maioría dos aparellos conta con voz dixitalizada para dar a información solicitada, evitando así a distracción do condutor. Os datos, polo momento, hai que introducilos pulsando co dedo sobre a pantalla, polo que é obrigatorio deter o vehículo. Nun futuro non moi afastado o recoñecemento da voz do condutor evitará tamén este pequeno inconveniente.
– Turismo: monumentos, museos, edificios singulares, paraxes, etc. O GPS pódese converter nun guía turístico interactivo ao chegar a un destino.
– Contidos 2D e 3D: nalgúns servizos de mapas de Internet xa podemos ver algunhas das principais cidades do mundo, como Nova York, cos edificios representados en 3D. Esta información está a chegar tamén ao GPS. Entre os contidos 2D destaca o perfil do traxecto que se ha de seguir, indicando os puntos máis altos do mesmo.
– Actualización por Internet: é posible descargar a última versión dos mapas e engadila ao navegadores GPS.
Como se obteñen os POI
As empresas dedicadas á elaboración de cartografía dixital contan con persoal especializado nesta tarefa. O líder mundial dispón de 500 traballadores viaxando constantemente por cidades e estradas de todo o mundo engadindo puntos de interese aos mapas, ampliando o número de cidades e países catalogados e comprobando a exactitude dos datos recolleitos con anterioridade.
Non é a única vía para obter datos. As empresas teñen cada vez máis interese en aparecer como POI nos mapas dixitais dos navegadores. Por exemplo, as compañías petrolíferas informan constantemente as empresas cartográficas sobre a localización das novas gasolineiras; as hoteleiras, da apertura e situación dos novos hoteis, etc.
Hoxe en día é difícil que un produto sexa líder do mercado se non aparece na televisión. Nun futuro, será difícil que un hotel ocupe todas as súas prazas ou un restaurante todas as súas mesas se non aparecen no GPS dos automóbiles.