Este novo permiso de conducir asigna a cada condutor un número de puntos que poden ser retirados, un a un ou varios, segundo a gravidade da infracción cometida. Trátase de estimular a responsabilidade dos condutores ante a sociedade, segundo o Ministerio do Interior. A confianza que se deposita sobre un condutor ao entregarlle o permiso de conducir retírase gradualmente en función das súas infraccións. Outros países europeos como Francia, Italia, Reino Unido e Alemaña tamén o aplicaron.
En Francia asígnanse doce puntos (seis no caso de condutores noveis) e en caso de retirada de carné hai que esperar seis meses paira poder examinarse e obtelo novamente. A filosofía desta norma non é sancionadora, senón educativa e formativa. Así, contémplase a posibilidade de sumar catro puntos ao realizar cursos de reciclaxe ou recuperar todos ao estar tres anos sen sancións.
O anuncio da posta en marcha do carné por puntos causou gran impacto social. Paira facernos una idea do seu alcance, vexamos como exemplo a lista de penalizacións e sancións que se aplican en Francia:
– 1 punto por pisar una liña continua, exceso de velocidade inferior a 20 km/h ou utilizar indebidamente a iluminación.
–2 puntos: usar o móbil mentres se conduce, exceso de velocidade entre 20 e 30 km/h, acelerar impedindo un adiantamento ou por parar ou estacionar na mediana dunha autoestrada ou autovía.
–3 puntos: circular sen motivo polo carril esquerdo, exceso de velocidade de 30 a 40 km/h, parar ou estacionar nun lugar perigoso ou non utilizar casco ou cinto de seguridade.
–4 puntos: exceso de velocidade superior a 40 km/h, saltarse una sinal de stop ou semáforo en vermello.
–6 puntos: alcoholemia igual ou superior a 0,8 ou negarse a realizar a proba.
–8 puntos: provocar un accidente por alcoholemia ou darse á fuga en caso de accidente con feridos.