Imagen: Atli Harðarson
Considéranse vehículos especiais e pola súa escasa velocidade non poden circular en autovías nin autoestradas. Cando superan unhas dimensións establecidas, deben ir acompañados dun vehículo piloto, ao ser considerados transporte especial. A Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos e Seguridade Viaria define aos tractores e maquinaria agrícola como Vehículos Especiais (V.E.). Por tanto, mentres circulen por estrada deberán observar as seguintes normas:
- Usar o sinal luminoso V2, unha luz giratoria de cor laranxa tanto de día como de noite. Se se averían, teñen que acender as luces de cruzamento e o catro intermitentes de emerxencia.
- Durante a circulación por estrada, a velocidade máxima non pode superar o 40 km/h. Se se circula con remolque ou semirremolque a velocidade máxima será de 25 km/h.
Para matricular un vehículo agrícola ou os seus remolques hai que inscribilo antes no servizo provincial da Consellería de Agricultura da comunidade autónoma. Co resgardo da inscrición e o cartón ITV acudirase á Xefatura Provincial de Tráfico onde se sitúe a explotación agraria para obter a matrícula. Doutra banda, este tipo de vehículos ten prohibida a circulación por autovías e autoestradas, ao non poder alcanzar a velocidade mínima legal que é a metade da xenérica, é dicir, 60 km/h.
Os vehículos agrícolas que superen 3,50 metros de anchura ou 20,55 metros de lonxitude considéranse Transporte Especial e deberán ir acompañados por un vehículo piloto que advirta da súa presenza. Este vehículo debe levar a luz giratoria laranxa V2 circulando a unha distancia mínima de 50 metros por detrás en autovía e 50 metros como mínimo por diante no resto de vías.
As definicións
A Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos e Seguridade Viaria define os distintos tipos de vehículos agrícolas:
- Tractor agrícola: é un vehículo especial autopropulsado de dous ou máis eixos concibido e construído para arrastrar ou empuxar apeiros, maquinaria ou vehículos agrícolas.
- Motocultor: trátase dun vehículo especial autopropulsado, dun eixo, dirigible por manceras por un condutor que marche a pé. Certos motocultores poden, tamén, ser dirixidos desde un asento incorporado a un remolque, apeiro ou bastidor auxiliar con rodas.
- Remolque agrícola: é un vehículo de transporte construído e destinado para ser arrastrado por un tractor, motocultor ou maquinaria agrícola atuomotriz.
Respecto da maquinaria agrícola, a norma divídea en automotriz e remolcada:
- Maquinaria agrícola automotriz: é todo aquel vehículo especial autopropulsado, de dous ou máis eixos, concibido e construído para efectuar traballos agrícolas.
- Maquinaria agrícola remolcada: encádrase aquí todo vehículo especial concibido e construído para efectuar traballos agrícolas e que, para trasladarse e manobrar debe ser arrastrado ou empuxado por un tractor, motocultor ou máquina automotriz. Exclúense desta definición os apeiros agrícolas.
Hai que ter en conta que o condutor dun tractor tamén pode perder puntos no seu carné. Esta penalización afectará á licenza, independentemente de que o condutor titular desa licenza conduza o seu automóbil, camión ou o tractor.
Ademais, hai unha infracción específica para a maquinaria agrícola, que é a relativa ao uso indebido do gasóleo bonificado. Segundo a Lei de Impostos Especiais, debe ser utilizado exclusivamente en tarefas propias da agricultura. Por tanto sería penalizado en caso de realizar un transporte de mercadoría por conta allea.
Transporte
Un tractor non pode ser utilizado para o transporte regular de mercadorías, aínda que si pode arrastrar, empuxar, accionar ou transportar determinadas ferramentas, máquinas ou remolques empregados na explotación agrícola. As masas máximas remolcables e do conxuntos tractor-remolque son:
- Remolques: dun eixo, 10 toneladas; de 2 eixos, 18 toneladas; de tres eixos, 24 toneladas.
- Semirremolques: separación entre eixos inferior a un metro, 11 toneladas; igual ou máis dun e menos de 1,30 metros, 16 toneladas; igual ou máis de 1,30 e menos de 1,80 metros, 18 toneladas; igual ou superior a 1,80 metros, 20 toneladas.
Conxuntos de vehículos:
- Tractor de dous eixos e semirremolque: 36 toneladas
- Tractor con dous eixos e semirremolque de tres eixos: 40 toneladas
- Tractor de dous eixos e remolque de dous eixos: 36 toneladas
- Tractor con dous eixos con remolque de tres eixos: 40 toneladas.
O Real Decreto 711/2006 de 9 de xuño (BOE 21-06-200), coñecido por establecer a obrigatoriedade de pasar a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) a ciclomotores e quads, tamén modificou as normas de revisión para os vehículos agrícolas. Os prazos obrigatorios son:
- Ata oito anos: exento
- De oito a dezaseis anos: bienal
- Máis de dezaseis anos: anual
Os vehículos afectados son:
- Tractores agrícolas
- Maquinaria agrícola autopropulsada
- Remolques agrícolas
- Outros vehículos agrícolas especiais excepto motocultores e máquinas equiparadas