O ano pasado rexistráronse 2.181 vítimas ocupantes de bicicleta en zona urbana, das cales, 13 faleceron, 221 resultaron feridas graves e 1.947 feridas leves. Son datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que levará a cabo durante este mes de novembro unha campaña informativa para concienciar aos ciclistas da obrigatoriedade de levar luces e reflectoras cando circulan pola noite.
O ano máis tráxico no últimos seis anos, en canto a ciclistas falecidos, foi 2005, cando perderon a vida 23 persoas en accidentes relacionados con ese vehículo, 214 resultaron feridas graves e 1.244 feridos leves. A colisión frontolateral con outro vehículo está presente no 48% de todos os accidentes, o que o converte no máis común entre os usuarios de bicicleta.
Segundo a DXT, este aumento da accidentalidade é un reflexo do incremento do uso diario da bicicleta. O Barómetro Anual da Bicicleta realizado polo Gabinete de Estudos Sociais e de Opinión Pública (GESOP) reflicte que ao redor de 2,5 millóns de españois utilizan este medio de transporte para desprazarse.
A preocupación polas elevadas cifras de accidentalidade e a entrada en vigor, o pasado 25 de maio, da reforma da Lei de Seguridade Viaria, na que se recolle a obrigatoriedade dos ciclistas de circular con luces e reflectoras cando circulan pola noite, levou á DXT a pór en marcha a campaña “Faiche ver e mellora a túa seguridade”. A iniciativa diríxese aos usuarios de bicicletas e aos policías de tráfico para que informen os ciclistas que circulen pola noite sen luces da obrigación que teñen de levalas e utilizalas, pero sen sancionalos, polo menos durante o primeiro mes.
Segundo o Barómetro de GESOP, nas grandes cidades é onde máis se ha incrementando o número de usuarios de bicicletas que se desprazan a diario neste medio de transporte para ir ao traballo (19,4%), ao centro de estudos (38,5%) ou en desprazamentos cotiáns (20,0%). Por iso, posto que as cidades realizan un significativo esforzo para dotarse de infraestruturas coa construción de carrís bici e a promoción da bicicleta como medio de transporte de ámbito urbano, a DXT solicitou aos alcaldes dos distintos municipios que teñen policía local, a súa colaboración, para que se somen a esta campaña.