As láminas de plástico de protección solar para os cristais do automóbil comercialízanse en diferentes cores para facer xogo coa cor da carrozaría dos vehículos. A última novidade son as de tinguidura tornasolado, que ofrecen distintas tonalidades e claroscuros segundo a incidencia e intensidade da luz. Tamén hai láminas de seguridade, que evitan o desprendemento do cristal en caso de rotura.
O único límite que pon a lei é a prohibición de aplicalas no parabrisas e as xanelas dianteiras, xa que limitarían a visión da estrada e dos espellos retrovisores, especialmente de noite. No entanto, é conveniente acudir a un taller especializado que instala láminas homologadas. Existen láminas de vinilo e outros materiais que non pasan a ITV. A instalación é moi sinxela: basta con retirar o panel interior da porta do vehículo, adherir a lámina e repor de novo o panel. Os prezos do mercado oscilan entre os 130 euros dun vehículo de tres portas aos 180 dun monovolume.
Tamén hai que ter en conta a dificultade extra que supón aparcar con elas marcha atrás nun lugar escuro, como un garaxe, e a precaución extra que hai que ter ao circular marcha atrás.
Desde a casa especializada Solar Digon enuméranse as súas vantaxes:
–Ofrecen privacidade.
–Protexen dos raios do sol.
–Reducen a calor no interior do vehículo.
Como consecuencia da colocación destas láminas solares:
–Redúcese o uso do aire acondicionado.
–Evítase a degradación das cores da tapicería.
A decoración de vehículos ou “tuning” é unha das principais fontes de clientes das empresas que distribúen estas láminas, aínda que, a firma asegura que teñen moita demanda entre os transportistas, “que ocultan así a mercadoría das súas furgonetas dos ollos de posibles cacos. Engade a esta lista os pais con nenos pequenos, que viaxan máis protexidos do sol e da calor.