A transformación á que está a ser sometida a Rede de Estradas do Estado, coa creación de vías de gran capacidade, tanto en estradas de dúas calzadas, como autovías e autoestradas, motivou a adecuación da súa denominación.
Os cambios afectan só a autovías e autoestradas. As novas denominacións iranse incorporando paulatinamente até decembro de 2005. O obxectivo é facer o novo esquema viario máis comprensible paira o usuario.
A nomenclatura de autoestradas e autovías comezará pola letra A sobre fondo azul e estará seguida dun ou dous díxitos. Os tramos de peaxe irán acompañados da letra P (AP) salvo no caso das autoestradas radiais de peaxe que parten desde Madrid, onde se mantén a R en lugar de AP ao entender o Ministerio de Fomento que é un termo xa asimilado polos usuarios. Exemplos: A-6 (antiga N-VIN Madrid-Villalba e Adanero A Coruña), AP-69 (antiga nacional 232 de Haro a Pancorbo), A-79 (antiga nacional 340 de Elxe a Alacante), R-4 (antiga nacional 4 Madrid Ocaña).
Os eixos con nome “propio mantéñeno, adecuando soamente aquelas que sexan precisas paira a coherencia do sistema de nomenclatura. Exemplos: A-12 Camiño de Santiago, AP-2 Zaragoza Mediterráneo, A-44 Serra Nevada, A-66 e AP-66 Ruta da Prata, A-8 e AP-8 Autovía do Cantábrico.
Nos accesos ás cidades utilizarase o código da provincia ou cidade seguido dun máximo de dous díxitos numéricos con fondo azul se o tramo é de dobre calzada. A única excepción é a R de Madrid. Exemplos: M-23 (conexión da M-30 e a M-40 coa R-3), B-21 (segundo acceso ao porto de Barcelona), BA-11 (acceso sur a Badaxoz), R-5 (antiga N-V Madrid Navalcarnero).
Nas circunvalacións mantense o criterio actual, código da cidade con dous díxitos sendo o segundo un cero. Exemplos: M-30, M-40, M-50 paira Madrid, SE-40 paira Sevilla ou B-30 paira Barcelona.
O Ministerio de Fomento elaborou un mapa de fácil consulta a través da web. Está dispoñible en http://www.mfom.es/autoestradas/abrir.html . Así mesmo, cada ano saca á venda una edición actualizada do Mapa Oficial de Estradas acompañado dun CD interactivo paira PC compatible con dispositivos GPS.