A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) está a preparar unha nova norma relativa aos “microcoches” ou “coches sen carné”. Na actualidade non é necesario ningún permiso para conducir este tipo de vehículos -simplemente hai que realizar un sinxelo test-, pero coa nova normativa si o será.
Segundo o responsable da oficina do Plan de Seguridade Viaria do Servizo Catalán de Tránsito, Xavier Almirall, este permiso obterase mediante a realización dun exame teórico -parecido ao do carné tipo B-1- e unhas probas prácticas.
Outra novidade é que a idade mínima para conducir “microcoches” pasará dos 14 aos 16 anos. Tamén se atrasará a idade do acompañante, dos 16 aos 18 anos.
Desde marzo, estes vehículos con máis de catro anos de antigüidade deben pasar a ITV para detectar posibles irregularidades, como, por exemplo, a manipulación do limitador de velocidade.