A Confederación Española de Talleres de Reparación de Automóbiles e Afíns (CETRAA) anunciou que emprenderá accións xudiciais contra as compañías aseguradoras por impor tarifas inferiores ás que realmente valen os seus servizos. Chegan a impor “” tarifas un 20% máis baixas ás solicitadas polos talleres, denuncia CETRAA.
As aseguradoras “están a apertar tanto as porcas en canto ao prezo das reparacións que poderían producirse problemas de seguridade viaria”, sinala o presidente de CETRAA, Francisco Faura, quen, no entanto, asegura que ata agora a calidade na reparación “foi máxima”.
Faura tamén denuncia que os talleres que non queren someterse ás prácticas de presión de prezos das entidades aseguradoras acaban en listas “negras”, o que levou a moitos deles a optar por cobrar aos clientes o custo que non pagan os seguros.
Por todo iso, e ante a falta de resposta por parte das aseguradoras ás súas demandas, os talleres decidiron “dar o primeiro paso en Cataluña”, onde ten a súa sede a Confederación, e “estender” posteriormente as accións xudiciais a outros xulgados do territorio nacional.