Os granxeiros dos países en vías de desenvolvemento recibirán compensacións por informar as aves que falecen a consecuencia da gripe aviaria, segundo informou a Organización Mundial da Saúde (OMS). Prevese evitar, desta maneira, que o virus se estenda se non comunican estas mortes.”Os granxeiros móstranse a miúdo reticentes á hora de informar sobre estes casos ás autoridades, xa que temen perder as súas fontes de ingreso”, asegurou Shigeru Omi, director para a rexión do Pacífico Occidental da OMS. Omi engadiu que os gobernos deben ofrecer compensacións aos granxeiros que sufran unha diminución no número de aves de modo que a enfermidade poida ser detectada e seguida de preto.”Se non reciben unha indemnización, non van revelar que as súas aves están enfermas”, declarou Kofi Annan, secretario xeral da ONU, nun cume global de saúde celebrada en Nova York.