Os cambios relacionados coa tensión no ritmo cardíaco e a presión sanguínea da muller embarazada, xunto coa ansiedade crónica, afectan o ritmo cardíaco do feto, segundo un estudo que publica hoxe a revista “Developmental and Behavioral Pediatrics”.
O estudo, dirixido por Catherine Monk, da Universidade de Columbia (EE.UU.), aínda que non atopou que a tensión da nai tiña efectos negativos na saúde do feto, si confirmou que os cambios na actividade cardiovascular da nai, relacionados coas emocións, teñen efectos directos e inmediatos sobre o bebé.
Os investigadores determinaron que os incrementos no ritmo cardíaco fetal durante as probas de tensións estaban relacionados co nivel xeral de ansiedade da nai, pero non cos aumentos de ritmo cardíaco e presión sanguínea da muller durante as probas.
Con todo, a actividade cardiovascular da nai e o seu nivel xeral de ansiedade apareceron altamente vinculados cos cambios no ritmo cardíaco fetal durante o período de “recuperación” despois de que terminasen as probas.
Outros estudos mostraran que a tensión que a nai sofre durante o embarazo pode aumentar o risco de nacementos prematuros e de bebés con peso insuficiente. “Un crecente conxunto de estudos suxire que a tensión durante o embarazo pode reprogramar o ambiente fetal de maneira que afecte á conduta e o funcionamento da criatura máis adiante na vida”, sinalaron os investigadores do equipo de Monk.
Estes expertos reuniron información sobre ritmo cardíaco, presión sanguínea e ritmo de respiración de 32 mulleres sas no terceiro mes de embarazo antes, durante e despois dun curto exame psicolóxico deseñado paira producir una resposta de tensión.
“A medida que as embarazadas recuperábanse das tarefas que lles causaron tensións, os fetos daquelas que tiñan máis ansiedade mostraron as maiores diminucións de ritmo cardíaco”, engadiu a investigadora.
Non está claro por que os cambios no ritmo cardíaco fetal están asociados co ritmo cardíaco e a presión sanguínea da nai durante o período de recuperación e non durante a proba de tensión, pero os investigadores suxeriron que poida que pase tempo para que os efectos fisiológicos da tensión cheguen ao feto.
“En cambio, a relación entre o ritmo cardíaco fetal e os niveis cotiáns de ansiedade da muller poden suxerir pautas de ritmo cardíaco fetal que xa foron moldeadas polo estado de ánimo da muller durante os meses de embarazo previos”, dixo Monk. De todos os xeitos, precisou, necesítanse máis estudos paira determinar se os efectos sobre o ritmo cardíaco do feto, notados durante a investigación, “teñen implicacións paira a saúde fetal e o desenvolvemento a longo prazo”.