A Comisión Europea anunciou onte a adopción de medidas contra España, Bélxica, Irlanda e Portugal, por non controlar de maneira suficiente a presenza de nitratos en augas superficiais e subterráneas. Os niveis excesivos destas sustancias na auga teñen efectos daniños paira a saúde pública, ademais de provocar cambios ecolóxicos prexudiciais e contribuír á proliferación de augas nocivas.
No caso de España, Bruxelas enviou una carta de emprazamento -primeira fase do procedemento de infracción- para que se apliquen os programas destinados a reducir a contaminación das augas por nitratos procedentes de fertilizantes e residuos agrícolas.
No catro países, a denuncia da Comisión refírese ao incumprimento dunha directiva sobre a protección de augas contra os nitratos de produtos utilizados na agricultura. A directiva obriga aos Estados membros a controlar as augas superficiais e subterráneas, a determinar as augas contaminadas, a designar zonas vulnerables e a elaborar antes de decembro de 1995 programas de acción paira controlar este problema. A Comisión enviou a carta de emprazamento a España por non adoptar nin notificado os seus programas de acción paira reducir a contaminación por nitratos nunha serie de zonas vulnerables.