Científicos do Reino Unido han creado a primeira terapia coa que se poderá curar o tipo de cegueira máis común, a dexeneración macular, que se presenta, sobre todo, en persoas maiores de 60 anos. A nova técnica, que se basea no uso de células nai embrionarias, converterase nunha intervención rutineira dunha hora e estará lista para practicarse en seis ou sete anos, aseguran estes expertos.
A Dexeneración Macular Asociade á Idade (DMAE) é unha enfermidade que afecta o centro da retina de persoas que superaron os 50 anos e que leva unha perda de células do ollo. Deteriora a visión central e dificulta tarefas como ler o xornal, mirar o reloxo ou ver a televisión. Por detrás da diabetes, é a causa de cegueira máis habitual entre os maiores.
O novo sistema de curación leva a substitución da capa desas células da córnea degeneradas ou mortas por outras novas que foron creadas a partir de células nai embrionarias.
A técnica foi desenvolvida por científicos e cirurxiáns do Instituto de Oftalmoloxía do University College de Londres e o Moorfields Eye Hospital. A farmacéutica Pfizer anunciou xa que se fará cargo de financiar a terapia.
A importancia deste avance médico radica en que a DMAE afecta cada vez máis a un maior número de persoas polo aumento da esperanza de vida.