España é un dos países do mundo onde máis descendeu a media de horas de soño da poboación no últimos cinco anos, segundo un estudo internacional sobre os hábitos de descanso elaborado pola consultora Gallup International.
De acordo cos resultados, presentados onte en Las Palmas de Gran Canaria, os españois dormen cada noite unha media de 7,05 horas, cifra que se sitúa a medio camiño entre a dos países onde se dorme máis e menos no mundo, Holanda e Polonia, por unha banda, con 7,30 horas ao día, e, no outro extremo, Malaisia, con 6,30 horas.
Doutra banda, os españois destacan como “os primeiros en facer a cama” a diario, un deber que afirma non descoidar ningún día o 91% da poboación.