Un estudo desenvolvido por investigadores do Instituto Nacional de Saúde e Investigación Médica en Villejuif (Francia), publicado esta semana na revista “Arquives of Internal Medicine”, afirma que fumar produce déficit de memoria e deterioración das capacidades de razoamento deductivo.
Os expertos acharon que aqueles que fumaban tiñan peores resultados no desempeño en probas de memoria, razoamento deductivo, vocabulario e fluidez verbal. O traballo, realizado cuns 5.000 civís británicos de mediana idade, reflicte que os fumadores obtiveron peores resultados nas probas de memoria e razoamento deductivo que o non fumadores.
Demencia
Os autores deste estudo tamén revelaron que o tabaquismo se relacionou cunha deterioración mental na idade media, do mesmo xeito que coa demencia e unha serie de problemas físicos. Tamén se observou que as persoas que dixeron que abandonaran o hábito eran máis proclives a adoptar condutas máis saudables, como beber menos alcol, ser máis activas fisicamente, ou comer máis froitas e vexetais.
Ao comezo da investigación, para a que se realizou un seguimento de 17 anos, os participantes tiñan entre 35 e 55 anos. Precisamente, o tempo foi un factor en contra do estudo, xa que máis do dobre dos participantes negáronse a realizar a proba de memoria novamente ou non puideron ser revaluados, nalgúns casos porque morreron durante o período de investigación.