Consumir iogur melloraría a saúde bucodental, segundo conclúe un estudo realizado por un grupo de investigadores da Universidade Kyushu, en Fukuoka (Xapón). Este traballo indica que o acedo láctico do iogur axudaría a previr a enfermidade periodontal.
Neste estudo, publicado na revista ‘Journal of Periodontology’, participaron 942 persoas con idades comprendidas entre os 40 e os 79 anos que sufrían a citada enfermidade, que pode ir desde unha inflamación das encías ata unha deterioración grave da estrutura ósea que sostén os dentes.
Os investigadores nipóns analizaron o consumo de lácteos e derivados destes pacientes, chegando á conclusión de que a maior inxesta destes produtos mellor saúde bucodental.
Posteriormente, os científicos centraron o seu traballo en identificar o produto que máis contribuíra a esa mellora. O resultado foi que quen consumiran iogures ou bebidas con contido en ácido láctico eran os que menos indicadores da enfermidade periodontal presentaban.