Os nenos nados antes da semana 26 de xestación presentan un maior risco de discapacidade física e problemas de aprendizaxe, indica un novo estudo liderado por investigadores da Universidade de Nottingham (Reino Unido). Publicada na revista médica “Arquives of Disease in”Childhood , a investigación “EPICure” estudou a evolución de 219 nenos moi prematuros con 150 nados a termo.
Tras examinar aos pequenos cando tiñan dous anos e medio e seis anos e medio, os investigadores acharon que o 46% dos prematuros tiña discapacidades de moderadas a graves, fronte a un 1% dos nados a termo. Parálise cerebral, baixo coeficiente intelectual, cegueira ou xordeira foron algunhas das discapacidades detectadas nestes nenos.
No entanto, moitos problemas de aprendizaxe diagnostícanse máis tarde, cando os nenos se enfrontan a retos educativos maiores, segundo observaron os investigadores. Así, ao chegar á idade de 11 anos, máis do 75% dos grandes prematuros presentaba dificultades de aprendizaxe ou comportamento que precisaban apoio extra no colexio e, deles, o 13% asistían a escolas especiais.
Prevese a publicación en breve de EPICure-2 “”, segunda fase do estudo, que analiza nenos nados en 2006, co fin de determinar se o progreso na asistencia médica a neonatos logra reducir a incidencia de secuelas nos prematuros.