A relación entre a utilización de paracetamol durante o embarazo, especialmente no primeiro trimestre de xestación, e o risco de que os nenos sufran problemas respiratorios ou asma no seu primeiros sete anos de vida, quedou patente nun estudo publicado na revista “International Journal of Epidemiology”.
Hai que ter en conta a importancia desta conclusión debido a que o paracetamol é un analxésico amplamente usado pola poboación en xeral e, a miúdo, un dos fármacos máis utilizados entre as mulleres embarazadas para aliviar dores. O estudo revela un incremento do 20% do risco de que os nenos sufran asma durante os primeiros 18 meses de vida, porcentaxe que se incrementa ata o 50% ao sete anos.
Neste traballo fíxose un seguimento de 66.445 mulleres da Danish National Birth Cohort, unha base de datos cos nacementos rexistrados entre 1996 e 2003 en Dinamarca, da que se tomou información relativa ao uso de paracetamol e outros fármacos.
Segundo Manolis Kogevinas, investigador do estudo, parece confirmarse a hipótese de que a asma infantil pode iniciarse xa no útero, é dicir, na etapa prenatal. A investigación conclúe que, dada a alta prevalencia da asma infantil na nosa sociedade, é importante ter en conta estes resultados para revisar a práctica prescriptiva do paracetamol durante o período de xestación, sobre todo durante o tres primeiros meses.