A Sociedade Española de Cardiología (SEC) aconsella, para as festas do Nadal, “prudencia e moderación” nas “copiosas” comidas que son habituais. Segundo o presidente do SEC, Luís Alonso-Pulpón, é recomendable practicar exercicio, como “unha boa maneira” para reducir os efectos negativos na saúde cardiovascular que poidan xerar as “cheas” propias de Nadal.
Luís Alonso-Pulpón critica un modelo de Nadal “envorcado á gastronomía”, xa que carrexa riscos “preocupantes” para as persoas con risco cardiovascular. O presidente do SEC apunta que existen outros costumes nocivos “como o puro despois das comidas”, pero destaca como o “verdadeiro” problema ás “grandes cantidades” de comida.