A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) montou un dispositivo especial para estes días, que son especialmente perigosos polo abundante movemento de coches que se rexistrará con motivo das festas de numerosos pobos. Tráfico prevé uns 6,5 millóns de desprazamentos de vehículos durante este fin de semana, que se prolongará en cinco comunidades ao ser festivo o luns.
Á parte da saída e retorno habitual de vehículos propiciado polo cambio quincenal do período vacacional, este fin de semana haberá moito tráfico como consecuencia das festas patronais.
A operación especial, que funcionará desde as 15 horas de hoxe venres 13 ata as 24 do luns 16, contará coa participación de todos os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto con máis de 400 funcionarios e persoal especializado.