A compañía LifeScan, pertencente á farmacéutica Johnson and Johnson, informou á Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) sobre a retirada no mercado español do lote 2982553 das súas tiras reactivas de autodiagnóstico “OneTouch GlucoTouch”. Segundo explicou a empresa ao AEMPS, este lote de produtos podería rexistrar niveis de glicosa en sangue inferiores aos valores reais cando o valor que se mostra no glucómetro é superior a 400 mg/dL.
A empresa, ademais, comezou a enviar notas de aviso aos distribuidores, oficinas de farmacia, profesionais sanitarios e pacientes usuarios dos medidores de glicosa “OneTouch GlucoTouch”. No caso dos pacientes, sinalou que a quen posúan tiras reactivas do lote 2982533, proporcionaranlle un produto sustitutivo.
Tamén poden ofrecer lecturas erróneas de niveis de glicosa en sangue os lotes 2970101011 e 2984103011 das tiras reactivas “OneTouch GlucoTouch Prol”, dirixidas a un uso profesional e que se distribúen a hospitais e centros sanitarios, aínda que nestes casos non están a retirar os citados lotes do mercado, segundo precisou o AEMPS.
Aos pacientes recoméndaselles comprobar no seu viario de tiras reactivas o número de lote e, se é un dos afectados, contactar coa Liña de Atención Persoal de LifeScan no teléfono 800 600 235 para que lle envíen un produto de substitución.
Mentres esperan a recepción do novo produto, deben analizar a súa glicosa de acordo coas instrucións que lles deu o seu médico. Pero se os pacientes afectados empregan o lote 2982533 das tiras reactivas “One Touch Gluco Touch”, advírteselles que deben “confirmar o resultado por outros medios ou contactar cun profesional sanitario, xa que o seu valor real de glicosa en sangue pode ser superior ao indicado”.