Limpezas, empastes, endodoncias e extraccións son os tratamentos dentais máis frecuentes. O prezo destes tratamentos é ata cinco veces máis caro en función do dentista ao que acudamos, segundo pon de manifesto un estudo realizado por FACUA.
Esta organización de consumidores analizou os prezos dese catro tratamentos en clínicas de 24 cidades das 17 comunidades autónomas. O resultado da investigación revela diferenzas de ata o 420%, o que pon de manifesto que “as marxes de beneficio que se moven no sector poden chegar a ser máis que abusivos”, sinala FACUA, que pide ao Ministerio de Sanidade que modifique a lei para obrigar aos dentistas a mostrar listas de prezos.
“Se hai profesionais que cobran 28,50 euros por un empaste, 20 euros por unha limpeza dental, 70 euros por unha endodoncia e 19 euros por unha extracción, os prezos máis baratos das clínicas enquisadas, que marxes de beneficios alcanzarán quen facturan nada menos que 130, 104, 350 e 92,50 euros, respectivamente, polas mesmas intervencións”, pregúntase a asociación.
Grandes diferenzas
No caso dunha limpeza dental, dentro de una mesma cidade o usuario pode atopar diferenzas de prezo de ata o 316%. Das clínicas analizadas por FACUA, a máis cara para realizarse unha limpeza atópase en Logroño e cobra 104 euros. O mesmo tratamento custa só 20 euros de media nun centro de Mallorca e dous de Zaragoza, ademais de ser gratis nalgunhas clínicas como técnica de captación ou fidelización de clientes.
Os empastes poden saír un 272% máis caros en función da clínica que se elixa. A que ten o prezo máis alto atópase en Vitoria e cobra unha media de 130 euros por empaste. A tarifa máis barata é a dunha clínica de Valencia (28,50 euros de media).
Pola súa banda, unha endodoncia, o que comunmente se coñece como matar o nervio, pode chegar a custar un 216% máis en función do dentista. A clínica máis cara está en Palma de Mallorca (350 euros, pero pode chegar a 400 se consideran complexo o caso), e a máis barata sitúase en Cádiz (70 euros).
O último tratamento analizado é a extracción, cuxo prezo dentro de una mesma cidade pode variar ata un 216%. Neste caso, o prezo máis elevado (para a extracción dun molar) está en Barcelona, 92,50 euros (ata 100 euros se é complexa). Pola contra, en Palma de Mallorca é onde existe o centro co custo máis económico, só 19 euros.