As persoas que seguiron unha dieta vexetariana e eliminaron totalmente a inxesta de carne e lácteos reduciron máis os seus niveis de azucre no sangue e perderon máis peso que quen seguiron unha dieta estándar, segundo os datos dos especialistas da Asociación Americana da Diabetes.
Os participantes do estudo dixeron que a dieta vexetariana era máis fácil de seguir que a maioría debido a que non necesitaban medir as porcións ou contar as calorías a consumir. Tres dos pacientes que se alimentaron en base a vexetais abandonaron o ensaio, mentres que oito participantes do grupo que consumiu a dieta estándar deixaron o estudo.
“Espero que esta investigación reavive o interese por aplicar cambios na dieta primeiro, en lugar de recetar medicamentos”, sinalou nunha conferencia de prensa o doutor Neal Barnard, presidente do Comité de Médicos para un Medicamento Responsable, que axudou a levar adiante o estudo. Ao redor de 18 millóns de estadounidenses padecen diabetes tipo 2, que xorde dunha combinación de xenética e malos hábitos relacionados coa alimentación e o exercicio físico.