As persoas que sofren colesterol poderían beneficiarse dos efectos da dieta vegetariana, de acordo cos resultados dunha investigación publicada recentemente no Journal of the American Medical Association.
Segundo o estudo, elaborado por expertos canadenses, una dieta vegetariana pobre en graxas, con soia, berenjenas e améndoas, pode ser tan eficiente como as estatinas, medicamentos utilizados polos pacientes que sofren colesterol. O estudo analizou un total de 46 persoas con altos niveis de colesterol, das que 16 seguiron, durante un mes, una dieta vegetariana. O resto seguiu una dieta pobre en graxas e 20 deles tomaron ademais 20 miligramos de lovastatina.
As conclusións do estudo demostraron que os que seguiron una dieta vegetariana reduciron nun 28,6% o chamado “colesterol malo”, que é o que provoca un aumento do risco de enfermidades cardíacas. Os que seguiron una dieta pobre en graxas reduciron os niveis de colesterol nun 8%. O primeiro grupo recibiu produtos ricos en fibra, berenjena, quingombó, proteína de soia, améndoas, margarina con esteroles vexetais e cebada.
Os expertos confían en desenvolver novos estudos neste campo que permitan chegar a unha “opción alimentaria potencialmente valiosa”, aseguran os responsables do estudo, David Jenkins e Cryill Kendall, da Universidade de Toronto.