Investigadores do Servizo de Investigación Agrícola de EEUU (ARS, nas súas siglas inglesas) desenvolveron unha barra de mazá, a modo de «bocadillo» doce, de tamaño similar ás barras de enerxía que se comercializan no mercado. Os expertos aseguran que mantén as características nutricionais de dúas mazás frescas.
As barras de mazá conteñen un puré feito a base desta froita que se mestura con mazá concentrada, sen aditivos artificiais. Trátase dun novo produto que segue a liña dos «bocadillos» de froita natural producidos por expertos da Unidade de Investigación de Comidas Procesadas, en Albano.
O obxectivo deste novo formato de alimento, que xa se atopa no mercado de comidas naturais estadounidense, é que sirva tanto para os xantares da poboación infantil como para os adultos.