BUSINESS TECHNOLOGY & CONSULTING (BTC), xunto coa Universidade de Vic, desenvolveron un máster en Calidade e Seguridade Alimentaria: sistema APPCC, cuxa finalidade é achegar e complementar os coñecementos necesarios para desenvolver as tarefas de xestión na industria alimentaria de forma adecuada.
O curso pretende proporcionar os coñecementos teóricos e prácticos que permitan o deseño, desenvolvemento e aplicación do sistema APPCC nos diferentes sectores da industria alimentaria, así como a súa integración dentro da xestión da empresa.
O curso vai dirixido a titulados universitarios, profesionais do sector alimentario, responsables de calidade, formadores en seguridade alimentaria, auditores de sistemas de calidade, asesores de empresas, integrantes do equipo de seguridade alimentaria e técnicos da administración.
Entre outros temas, e tendo en conta que a formación se pode desenvolver en dúas modalidades (Posgrao e Máster), o curso inclúe aspectos como a xestión do perigo alimentario, a xestión da prevención, os sistemas de control alimentario ou a calidade alimentaria, no caso do Posgrao, e especialidades en sectores como o cárnico, láctico, pesqueiro ou hortofrutícola, entre outros, se a opción é o Máster.
O sistema de formación é a distancia e a forma de acceso a través da aula virtual www.higienealimentaria.com, onde se poden estudar os contidos, consultar casos e intercambiar información.
Sistema APPCC
O sistema de análise de perigos e puntos de control crítico (APPCC) ten como finalidade garantir a inocuidad dos alimentos e permite accións como integrar a seguridade alimentaria como un elemento máis da actividade da empresa. Este sistema garante a seguridade do produto desde varios puntos de vista.
Un dos puntos fortes é o do control da rastrexabilidade, é dicir, do produto en todas as súas fases de elaboración. O sistema inclúe ademais adoptar un sistema de traballo baseado nos sistemas de xestión da calidade e cumprir coa normativa vixente.