Os científicos estudan varias fórmulas para acabar co sobrepeso que padecen dous terzos da poboación estadounidense, e parece que o acedos Omega 3 poderían ser unha solución se conseguen que se introduzan en produtos como o pan ou as madalenas, dúas dos produtos que máis consomen os estadounidenses, e en definitiva nos alimentos máis apetecibles.
O científico Stephen Kelleher, fundador de Industrias Proteus en Gloucester, Reino Unido, estuda a obtención de produtos que conteñan menos graxa, fariña, azucre ou sal, e máis fibra, aceite de peixe ou cereais.
Pola súa banda, Marion Nestlé, profesor de nutrición da Universidade de Nova York, sostén que a mellor maneira de conseguir alimentos máis saudables é coa introdución de acedos Omega 3, que se obteñen do aceite de peixe. «Trátase de converter a comida en medicamento», sinala.
A mellor fonte de Omega 3 é o aceite de peixe. Pero este aceite ten un problema de cheiro para poder ser introducido no pan, as madalenas ou as barras de cereais. Para afrontar este inconveniente, o National Starch perfeccionou a tecnoloxía para encapsular o aceite de peixe e que poida ser introducido neste tipo de produtos sen sabor nin cheiro.