Expertos do Servizo de Investigación Agrícola de EEUU (ARS, nas súas siglas inglesas) descubriron que os dous fungos máis devastadores que infestan as árbores de cacao en todo o mundo son en realidade «irmáns».
Os biólogos do Laboratorio de Botánica e Micoloxía Sistemática usaron a análise de ADN, o que lles permitiu descubrir que os dous patógenos fungales, que provocan enfermidades nas árbores de cacao, son parentes próximos e, en consecuente, deberían ser clasificados no mesmo xénero.
O fungo Crinipellis perniciosa e o Moniliophthora roreri constitúen, segundo os expertos, as dúas ameazas máis grandes á subministración mundial de chocolate. As enfermidades que provocan estes fungos invaden zonas do sur de América e Centroamérica.
A pesar da notoriedade dos patógenos, non existe moita información sobre eles ou os seus ciclos de vida, o que fai que se complique cada vez máis o seu control. Os expertos propuxeron reclasificar os dous fungos, informa o ARS.