Os veterinarios do servizo de Sanidade Exterior do porto de Almería ordenaron, de forma cautelar, a inmovilización de 9.000 quilogramos de melva que poderían estar infectados polo parásito intestinal
A inmovilización prodúcese despois que a Asociación de Inspectores Veterinarios do Servizo Andaluz de Saúde (SAS) denunciase este fin de semana a ruptura da inmovilización imposta durante os mesmos días de 20.000 quilos de melva infectados polo parásito
A mesma asociación advertiu do perigo da posta en circulación deste peixe na cadea alimentaria. Os especialistas aseguraron que o parásito pode provocar problemas alérxicos e obstrución intestinal nas persoas e que os efectos poden agravarse entre a poboación infantil e os anciáns, aínda que afirmaron que isto non adoita ser moi frecuente, informaba onte O Correo.