A través dun proceso bacteriano innovador, un grupo de expertos do Servizo de Investigación Agrícola de Estados Unidos (ARS, nas súas siglas inglesas) preparan novos métodos para eliminar o amoníaco das augas residuais que se derivan da produción do gando.
Os expertos, do Centro de Investigación do Chan, Auga e Plantas de Florence, Carolina do Sur, illaron, das augas residuais, as bacterias planctomycetes. Os investigadores aseguran que o proceso require de menos enerxía que os sistemas tradicionais de eliminación de nitróxeno biolóxico xa que só unha parte do amonio nas augas residuais necesita ser nitrificada.
Os científicos iniciaron un proxecto de tres anos con EMBRAPA, a axencia de investigación agrícola de Brasil, para desenvolver un novo tratamento económico para as augas residuais da produción do gando.